Servizos da Escola
Na nosa Escola Infantil "Florita Ramos", ofrecemos os seguintes servizos
Comedor escolar
Toda a comida elabórase na escola diariamente por dúas cociñeiras. É unha alimentación sinxela, fresca e variada. Tanto os purés, a papilla de froita natural dos máis pequenos, coma os primeiros pratos e segundos que comen os máis maiores, elabóranse con produtos de primeira calidade mercados en establecementos de Sada.
Todos os nosos menús están revisados por un nutricionista, e seguindo o ritmo pautado polo pediatra de cada neno.
Asesoría Psicopedagóxica
O centro conta cun servizo de asesoría psicopedagóxica , levado a cabo polas pedagogos da escola xunto coas educadoras do centro. As funcións son: Orientación a pais e nais sobre aspectos relativos aos problemas ou dificultades dos nenos e nenas. Traballo de coordinación daqueles nenos e nenas que presenten problemas ou dicficultades especiais con equipos externos (pediatra, materno, centros de servizos sociais, etc.).
Inglés
O centro ofrece a todos os alumnos a posibilidade de familiarizarse co inglés a través do xogo, e nun entorno totalmente afectivo, atractivo e dinámico, que axuda á aprendizaxe do idioma. Para elo contamos co noso profesor nativo Peter Vard que nos visita todas as semanas.
Actividades Extraescolares
Estimulación Temperá
Escola de Verán
De luns a venres hai unha serie de actividades extraescolares como baile galego, teatro, natación, manualidades, contacontos. Sempre que se forme un grupo mínimo de 10 nenos en cada obradoiro.
O horarios dos obradoiros é de 16:00 a 16:45, excepto o de natación con horario de 17:30 a 18:15.
No grupo dos bebés lévase a cabo un programa de estimulación temperá, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento dos nenos e nenas a través de masaxes e exercios de coordinación das distintas partes do corpo.
Nestas aulas tamén facemos o Cesto dos tesouros e máis o Xogo Heurístico, en función da idade dos nenos.
Ponse en funcionamento nos meses de xullo e agosto para os nenos que asistan durante os mesmos, a través de obradoiros motivadores e atractivos para eles.