Roupa que ten que traer

ROUPA QUE TEN QUE TRAER

A partir de outubro, todos os nenos e nenas da escola agás os do grupo dos bebés, poden vir diariamente co chandal do centro e máis o mandilón escolar. Aconsellamos non mandar aos nenos e nenas moi abrigados, no centro vai moita calor, tamén informamos que tedes á vosa disposición un modelo de pantalón corto e camiseta para os meses de verán. O calzado debe ser de velcro. Ten que ter unha muda sempre dispoñible na escola. Toda a roupa debe estar claramente marcada para evitar perdas.


LISTA DA ROUPA E MATERIAL DE ASEO PERSOAL

Os nenos e nenas de todos os grupos, excepto os dos bebés, vestirán diariamente e de forma obrigatoria, estando toda a roupa debidamente marcada:

Mandilón

Chandal de verán ou inverno

Roupa Interior: Bodys só están permitidos mentres empreguen cueirol, unha vez o neno ou nena empece a empregar o penico, empregarán calzóns ou bragas, de ningunha maneira os bodys.

Calzado: de abrochar con cintas adhesivas.

Nota: Os grupos de bebés virán con roupa que sexa cómoda sin cintos nin petos, que dificulten o seu cambio.

Todos os nenos e nenas, para a súa hixiene persoal, disporán no centro de:

Unha caixa que conterá: unha muda completa con un chándal, roupa interior, deportivas, un termómetro, apiretal/dalsi ou similar (según empregue), para poder administrarllo no caso de que se poña malo na escola e unha gorra.

Un vaso de plástico duro para beber.

Un cepillo de pelo axeitado.

Unha toalla tamaño tocador (pequena), que todos os venres levarán para casa a lavar.

Dous paquetes de toallitas húmidas

Unha bolsa de cueiros (se os usa).

Dúas caixas de panos de limpiar os mocos (non paquetes individuais senon caixa de 100 panos contínuos)

Crema de cu si empregan pañal.

Bote de colonia.

Bote de xabrón.

Se os nenos ou nenas empregan servizo de comedor, terán que traer:

Un cepillo de dentes

Un tubo de pasta de dentes

Cinco babeiros (cada día levarán o usado para lavar na casa).

NOTAS

NO CENTRO VAI MOITA CALOR, non mandedes aos nenos ou nenas excesivamente abrigados en ningunha época do ano. Co chándal e unha camiseta, máis o mandilón é suficiente.

TODA A ROUPA E DEMÁIS ÚTILES DE ASEO DEBERÁN ESTAR BEN MARCADOS co nome e apelidos do neno ou nena e con rotulador indeleble ou cosidos con cintas especiáis de marcar a roupa.