- Promover o desenvolvemento das nenas e dos nenos dende todos os ángulos: afectivo, social, cognitivo, psicomotor.
- Favorecer o desenvolvemento das potencialidades a través do xogo (obxectivo fundamental desta etapa).
- Favorecer que o nen@ estableza relacións sociais coas educadoras do centro e o resto dos compañeiras e compañeiros.
- Fomentar a comunicación co medio e a familia.
- Potenciar a imaxinación, autonomía, o desenvolvemento da linguaxe, etc.
- E o máis importante, que as nenas e os nenos e sintan ben e disfruten das actividades que propoñemos.
O noso Equipo Educativo
Aquí estamos algúns dos membros do Equipo
Neste centro todo o persoal que traballa ten a titulación requerida por lei, ademáis dicir que en todas as aulas hai unha titora e un auxiliar, é dicir, dúas educadoras, para proporcionar unha mellor atención educativa e asistencial aos nenos e nenas.
UNIDADES DA ESCOLA
A nosa escola conta con 9 unidades:
Dúas de 0-1 anos de idade
Catro de 1-2 anos de idade
Tres de 2-3 anos de idade