Horario do centro

HORARIO DO CENTRO

Xornada completa: Máximo de 8 horas, sempre que os dous pais traballen, o horario fixarase según as necesidades dos pais para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

Xornada escolar: Obrigatoria para aqueles nen@s que non traballen os dous pais. O horario será de 10:00 a 13:00. Esta xornada terá unha reducción de tarifa. Aqueles pais que ainda traballando os dous opten por traer aos seus fillos neste horario tamén se poden acoller a ela.

De 14:30 a 15:30 non se pode traer nin recoller nen@s, pois é o horario en que os da escola están durmindo sesta.

O horario máximo de permanencia dos nenos no centro será de 8 horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas a valorar pola Comisión de Seguemento, que poderá ampliar dito horario en interese do menor. No caso de nenos/as menores dun ano aconséllase que non permanezan na escola máis de 6 horas, aínda que este horario pode ser ampliado ata as oito horas.

O horario de entrada e saída da escola é flexible, para adaptarse ás necesidades de cada familia, aínda que debedes respetar no posible o ritmo das actividades, horario dos servizos e rutinas da escola. Por este motivo, unha vez acordados coa escola os horarios, e publicados, as familias procuraredes respetalo. En caso de retrasos inxustificados e reiterados a Dirección da Escola está obrigada a adoptar as medidas oportunas, poñendoo en coñecemento da Comisión de Seguemento. Para variar os horarios ou servizos que tedes contratados debedes solicitalo no Rexistro de entrada do Concello, presentando os contratos de traballo de ambos os dous pais ou un deles en caso de familias monoparentais, que xustifiquen dita ampliación.

Os nenos/as de novo ingreso, farán un proceso de adaptación incorporándose paulatinamente ao centro, seguindo o horario e turnos que lles indiquen as titoras, para facilitar a súa adaptación ao medio escolar. En cada clase exporase o horario de adaptación que lle corresponde a cada neno/a, e que débese respectar salvo circunstancias excepcionais a valorar pola Comisión de Seguemento. Lembrade como norma xeral que no mes de setembro os nenos/as que se incorporan ao centro por primeira vez non farán horario amplo nin empregarán comedor escolar.