Calendario da escola

CALENDARIO DO CENTRO

Segundo o Regulamento de Réxime interno da escola infantil

Pechado: Festivos oficiais e locais (Martes de entroido e 16 de agosto)

Xornada reducida, de 9:00 a 15:00 h. Durante as seguintes datas:

Nadal: do 23 de decembro ata o 7 de xaneiro

Entroido: Luns de entroido e mércores de cinza

Semana Santa: do 21 de marzo ao 27 de marzo. O 24 e 25 de marzo estará pechado por ser Xoves e Venres santo.

Xornada intensiva: de 8:00 a 16:00 h. Durante os meses de xullo e agosto.

Períodos especiais:

Festa Fin de Curso: venres 30 de xuño.

Pontes: 7 de decembro e 16 de maio.

O centro pechará os últimos 6 días hábiles do mes de agosto.

Durante os períodos vacacionais de Nadal, Entroido e Semana Santa só poderán asistir ao centro aqueles nenos/as cuios pais e nais traballen ámbolos dous ou un pai/nai, no caso de familias monoparentais.

O centro permanecerá aberto doce meses ao ano, sendo o curso escolar de setembro a agosto, ambos inclusive. O mes de agosto o centro abrirá, sempre que a demanda así o xustifique (deberá haber unha demanda de 15 nenos/as como mínimo que permite abrir unha unidade internivelar).Todos os nenos e nenas deberán aboar obrigatoriamente 11 mensualidades ou cuotas íntegras. Aconséllase que todos os nenos e nenas disfruten dun mes de vacacións (que pode ser calquera do ano) a non ser que circunstancias suficientemente xustificadas, a valorar pola Comisión de Seguemento, o impidan. Neste caso haberá que abonar as doce mensualidades. O mes de descanso poderase dividir en dúas quincenas. En todo caso os períodos de vacacións deberán poñerse en coñecemento do centro, como máximo, entre o dous de xaneiro e o último día do mes de febreiro.

Con independencia do mes de vacacións elexido (que hai que solicitar cubrindo o impreso correspondente) a mensualidade que non se aboará é a de agosto, que só pagarán aqueles nenos/as que non disfruten de vacacións durante o presente curso escolar por motivos xustificados.